Fundacion María Reimóndez

Sobre nós

A Fundación María Reimóndez nace en 2025 para apoiar iniciativas que interseccionen coa obra e activismo desta autora galega. Promovemos valores feministas, decoloniais, inclusivos e de respecto polo medio natural, sempre coa defensa da lingua galega como pedra angular.

Fundacion María Reimóndez

Que

facemos

INCIDENCIA POLÍTICA E ACTIVISMO

  • Promoción do pensamento e acción feministas interseccionais mediante bolsas, financiamento de programas e organizacións, publicacións, exposicións, eventos deportivos, concursos, programas radiofónicos ou televisivos, accións artísticas, etc.
  • Promoción da lingua galega de xeito transversal a todas as actividades.

DIFUSIÓN DA OBRA DE MARÍA REIMÓNDEZ

  • Presentacións, estudos, accións artísticas, bolsas de investigación ou apoio a axentes dinamizadores do libro e da lectura.
  • Preservación do arquivo da autora mediante a habilitación de espazos, catalogación ou dixitalización.

Actividades

Imaxe do I Premio María José Meilán autoría de Luz Darriba

Premio María José Meilán

2026 - I Edición

Premio a iniciativas de dinamización cultural promovidas polos clubs de lectura da cidade de Lugo.

Fotografía de María Xesús Fariña Busto para a portada de O club da calceta

XX aniversario do Club da calceta

2026

Celebración de diversas actividades en torno ao vixésimo aniversario da novela.

Portada do libro Retorno

A mocidade completa a historia

2026 - II Edición

Premio a calquera obra de fan fiction inspirada na triloxía d’Os seres completos.

Cartaz I Velada de boxeo feminino

Velada boxeo #NoiteDeGuerreiras

2025

Patrocinio da I velada de boxeo feminino en Galicia.

Quen

somos

PERSOAS PADROAS

Xosé María Gómez

Xosé María Gómez

PROFESOR E INVESTIGADOR

Profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo e académico da Real Academia Galega. A súa investigación céntrase no campo da neoloxía, a lexicografía e a terminoloxía, así como na aplicación das ferramentas informáticas ao estudo do galego.

Montse Paz

Montse Paz

FILÓLOGA INGLESA E CATEDRÁTICA

Traballou como docente e foi membro do primeiro equipo directivo do Instituto Politécnico de Vigo. Formou parte da comisión promotora da 1ª Iniciativa Lexislativa Popular presentada no parlamento galego a prol da igualdade.

María Reimóndez

María Reimóndez

ESCRITORA E TRADUTORA

Escritora galega e doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro desde unha óptica crítica e feminista e unha vontade de facernos sentir, emocionarnos, incomodarnos e transformarnos.


Queres

colaborar?

Colaboramos con entidades, organismos, institucións e persoas que comparten o noso propósito.

Escríbenos a info@mariareimondez.com

*As doazóns son deducibles no IRPF. Un donativo de ata 250€, nun 80%. A partir de 250€, nun 40% e nun 45% cando é o terceiro ano consecutivo que se doa un importe igual ou superior á mesma entidade.